Centro Recreativo Cultural de Torroso

De borradopedia
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

El artículo sucumbió a un borrado rápido. Ver el registro de borrado en Wikipedia

Organización Social Cultural sin ánimo de lucro nacida en 1985, para incentivar la cultura en la parroquia de Torroso. Destacan las figuras de Camilo Grandal Pérez, Jaime Lorenzo Alonso, entre otros.

Caracterizóuse por poñer en valor a cultura   e a música. Dende a súa fundación ata estes días son numerosos os alumnos que pasaron por este Centro Cultural; moitos deles están nestes intres, vinculados na súa vida diaria, ás actividades que se desenrolan no Centro Cultural.

O Centro Dotacional do Medio Rural de Torroso, localizado no centro da parroquia, é un edificio de estética contemporánea merecedor do premio de arquitectura GranDeArea concedido polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia no 2014.

Banda de Música de Torroso

A Banda de Música Xuvenil de Torroso constitúese no ano 1987 por iniciativa do Centro Recreativo e Cultural de Torroso. Inicialmente creouse unha escola de música que contaba con máis dun cento de rapaces e rapazas da zona. Dada a enorme cantidade de alumnos con desexos de aprender a tocar algún instrumento, o Centro Cultural decide afiliarse ao Conservatorio de Música de Ponteareas para poder impartir clases oficiais.

Hoxe en día a Banda de música conta co abeiro dunha Escola de Música oficial propia con 550 alumnos matriculados.

A Banda de Música Xuvenil de Torroso realiza a súa primeira actuación pública en 1989, baixo a dirección de Francisco Velasco, ex profesor de vento-metal do Conservatorio de Música de Ponteareas. Posteriormente faranse cargo da dirección da mesma José González, Antonio Vázquez Raña (Tocho) e Carlos Tilve González, quen a finais de 2001 deixará a batuta nas mans da actual directora Dona Ángeles Lorenzo Estévez, que ata entón era compoñente desta Banda como frautista.

Nos derradeiros anos a Banda Xuvenil de Torroso leva o nome do Concello de Mos por toda a xeografía española e portuguesa coas súas actuacións en Aranda del Duero, Zamora, Ávila, Lisboa, Asturias… e participando en numerosos certames de música populares (Salceda de Caselas, Goián, Belesar-Baiona, Xinzo-Ponteareas, Marín, etc)

Ten feito varios intercambios con distintas agrupacións como a Banda de Música de Arganda del Rey (Madrid) en 2003, a banda de Música de El Tiemblo (Ávila) en 2007, Banda de Música de Madridejos (Toledo) en 2011, Banda de Música de Villaviciosa (Asturias), etc.

En 1995 realizou a súa primeira gravación para a Televisión de Galicia. En 2005 colabora e participa coa “Xove Orquestra Internacional de Galicia” e a “Joven Orquesta Sinfónica de Lisboa”.

A Banda de Música Xuvenil de Torroso é a encargada de organizar, dende 1999, o Certame de Bandas de Música de Mos, no que colaboran a Federación de Bandas de Música, o Concello de Mos e a Deputación de Pontevedra, entre outros.

Tamén participou en diversas edicións do Certame Provincial de Bandas de Música da Deputación Provincial de Pontevedra, conseguindo o terceiro e segundo premio nas edicións III e IV respectivamente.  Na V edición acada o primeiro premio e mención de honra.

No ano 2006 a Banda de música logrou o terceiro premio no concurso internacional de bandas “Villa de Aranda” (Burgos).

Tamén participa na segunda categoría do I e II Certame Zonal organizado pola Deputación de Pontevedra, obtendo un segundo e primeiro premio respectivamente

Nestes últimos anos a Banda de Música Xuvenil de Torroso consegue o Segundo Premio no Certame Autonómico na sección segunda, en 2010 e o Segundo Premio no XI Certame Provincial na sección segunda en 2011.

En xuño do ano 2012, a Banda recibe da man do concello de Mos a “Medalla ao Mérito Cultural”.

No ano 2013, a Banda de Música Xuvenil de Torroso participa no VII Certame Galego de Bandas de Música.

Na actualidade, a Banda de música conta con máis de 60 músicos con idades abranguidas entre os 10 e os 46 anos.

Rondalla do C.R.C Torroso

A Rondalla  de Torroso acompañounos nas nosas festas de Nadal dende o ano 1970 , antes de que existise o Centro Cultural como tal, e durou ata o 2007.

Dende este último ano, sufriuse un parón na actividade rondalleira ata o 2017.

Xa vai ser o cuarto ano que volven con forza e con moita ilusión, grazas á recente fundación por parte de Camilo Grandal Pérez e Roi García Lorenzo.

Está formada por veciños de Torroso e de outras parroquias do concello de Mos. Tamén de alumnos e alumnas da escola de música e do conservatorio.

A pesar que teñen periodo de tempo tan curto dende a súa refundación, convertiuse  na rondalla que máis compoñentes tivo en tempo record, xa contando con 86 persoas no primeiro ano, e 120 no segundo.

Na actualidade, todos eles forman unha gran agrupación de 115 compoñentes, de entre eles:

  • Director: Iván Rey Grandal
  • Capitán de Rondalla: Juan Bande Rodríguez
  • Capitana de Abandeirados: Ángela Silva Alonso

No terceiro ano de existencia, a Rondalla do CRC de Torroso inaugura o seu palmarés cun 4º PREMIO no III Concurso de Rondallas, apoiado pola Xunta de Galicia, sendo agradecido pola totalidade de rondalleiros e colaboradores.

Deste xeito, a Rondalla do CRC segue e seguirá traballando por e para todos os veciños.